A República Helvética foi un estado que persistiu cinco anos, dende 1798 até 1803.

Durante as Guerras Revolucionarias Francesas, os exércitos revolucionarios marcharon ao leste, rodeando Suíza durante os seus combates contra Austria. O 15 de marzo de 1798 Suíza estaba completamente cercada polos franceses e o Antigo Réxime de Suíza veuse abaixo. O 12 de abril de 1798 proclamouse a República Helvética, 'Unha e indivisible'. Os dereitos de soberanía cantonal e feudais foron abolidos. As forzas de ocupación estableceron un estado centralizado baseado nas ideas da Revolución francesa. Estas ideas progresistas atoparon unha gran resistencia, particularmente nas áreas centrais da confederación, e produciuse unha revolta en Nidwalden que sería extinguida polas forzas de ocupación.

Non había unidade na Antiga Confederación Suíza sobre o futuro de Suíza. Os golpes de estado producíronse con frecuencia, pero os franceses retiveron o poder. As forzas de ocupación espoliaron moitas localidades. Xunto á resistencia local, os problemas financeiros provocaron que a República Helvética fracasase. A inestabilidade na República alcanzou as súas cotas máis altas en 1802-1803. En 1803 entraron máis tropas francesas no país para fortalecer o seu control.

O 19 de febreiro de 1803, Napoleón Bonaparte introduciu a Acta de Mediación, que era esencialmente un compromiso entre a antiga e a nova orde. O estado centralizado foi abolido.

Hai reminiscencias da República Helvética na moderna Suíza, como algúns aspectos dos cantóns e constitucións.

Divisións administrativas

Os cantóns anteriormente soberanos foron reducidos a simples distritos administrativos e, para debilitar as antigas estruturas de poder, establecéronse novas fronteiras entre algúns. A acta de 1798 describía os seguintes cantóns:

15px Argovia (sen Baden nin Fricktal) 15px Baden 15px Basilea Bellinzona 15px Berna (sen o Oberland) 15px Friburgo 15px Fricktal (dende 1802) 15px Léman (correspondente a Vaud) 15px Linth 15px Lugano 15px Lucerna 15px Oberland 15px Raetia (correspondente a Graubünden/Grisóns) 15px Säntis 15px Schaffhausen 15px Soleura 15px Turgovia 15px Waldstätten 15px Valais 15px Zúric

Estados predecesores Ao igual que a Antiga Confederación Suíza, os seguintes territorios formaron parte da República Helvética:

Estados asociados 20px República dos Seven Zenden 20px Abadía Imperial de Sankt Gallen 20px Cidade Imperial de Sankt Gallen 20px Liga da Casa de Deus 20px Liga Gris 20px Liga das Dez Xurisdicións

Condominios 20px Condado de Baden Vogtei de Bellinzona 20px Vogtei de Blenio 20px Argovia 20px Vogtei de Gams / Hohensax Señorío de Grandson 20px Vogtei de Leventina 20px Landvogtei de Locarno 20px Landvogtei de Lugano 20px Landvogtei de Mendrisio 20px Vogtei de Murten Vogtei de Orbe-Échallens 20px Abadía Imperial de Pfäfers 20px Vogtei de Rheintal 20px| Vogtei de Rivera 20px Condado de Sargans 20px Schwarzenburg / Grasburg 20px Landgraviato de Thurgau 20px Condado de Uznach 20px Landvogtei de Valmaggia 20px Vogtei de Windegg

Protectorados 20px Abadía de Engelberg 20px Republic de Gersau 20px Cidade de Rapperswil 20px Baronía de Sax-Forstegg 20px Condado de Werdenberg

Territorios non asociados A República Helvética anexionou ademais dous territorios que non eran parte anteriormente de Suíza:

20px Fricktal 20px Konstanz

Categoría:Historia de Suíza Categoría:Estados desaparecidos de Europa Categoría:Repúblicas irmás Categoría:Repúblicas desaparecidas