Chichibu (秩父市, ちちぶし, Chichibu-shi) é un concello xaponés da prefectura de Saitama. Está situado no centro da rexión de Kantō e ao extremo oeste da prefectura, na parte leste da illa de Honshū. Ten 577,69 km² de superficie, unha poboación de 68.154 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 118 hab./km².
O concello de Chichibu limita cos concellos de Ogano, Kamikawa, Minano, Higashichichibu, Tokigawa, Yokoze, Hannō (que son da prefectura de Saitama); Ueno, Kanna, Fujioka (que son da prefectura de Gunma); Yamanashi, Kōshū, Tabayama (que son da prefectura de Yamanashi); Kawakami (que é da prefectura de Nagano); e Okutama (este último é da prefectura de Tokyo).
Cidades irmandadas Antioch (1967) Gangneung (1983) Toshima-ku (1983) Linfen (1988) Warringah (1996) San'yōonoda (1996)
Véxase tamén Lista de concellos do Xapón
Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Chichibu .
Categoría:Prefectura de Saitama Categoría:Concellos do Xapón