Kasukabe (春日部市, かすかべし, Kasukabe-shi) é un concello xaponés da prefectura de Saitama. Está situado no centro da rexión de Kanto e ao leste da prefectura, na parte leste da illa de Honshu. Ten 65,98 km² de superficie, unha poboación de 235.966 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 3.580 hab./km².

O concello de Kasukabe limita cos concellos de Sugito, Miyashiro, Shiraoka, Saitama, Koshigaya, Matsubushi (que son da prefectura de Saitama); e Noda (este último é da prefectura de Chiba).

O coñecido debuxante Yoshito Usui viviu en Kasukabe, de aí que a súa banda deseñada e anime Shin-chan estean localizados neste concello.

Véxase tamén Outros artigos Lista de concellos do Xapón

Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Kasukabe .

Categoría:Prefectura de Saitama Categoría:Concellos do Xapón