Viktor Danilovich Saneiev (en ruso Виктор Данилович Санеев), nado en Sukhumi (Xeorxia) o 3 de outubro de 1945 e finado o 3 de xaneiro de 2022, foi un triplo saltador xeorxiano.
Competiu internacionalmente coa Unión Soviética e gañou catro medallas olímpicas; tres de ouro (1968, 1972 e 1976) e unha de prata (1980). Dominou a especialidade de triplo salto entre fins de 1960 e a década de 1970. Saneiev adestrou en Sukhumi e máis adiante en Tbilisi na sociedade deportiva Dynamo.
Traxectoria Saneiev comezou no atletismo en 1956 na escola deportiva Gantiadi, o seu primeiro adestrador foi Akop Kerselyan. Seis anos máis tarde Kerselyan anuncioulle que se debía especializar en triplo salto. En 1963 Saneiev finalizou terceiro no campionato escolar de toda á Unión Soviética, a Espartaquiada. O seu maior éxito sucedeu en 1968, cando gañou os Campionatos da URSS e nos Xogos Olímpicos de verán de 1968, onde o 17 de outubro bateu o récord do mundo dúas veces: con 17,23 metros e 17,39 metros. O mesmo día, pero catro anos máis tarde, Saneiev bate o récord do mundo unha vez máis, en Sukhumi, con 17,44 metros. Gañou as medallas de ouro nas Olimpíadas de verán de 1972 e 1976 e a de prata nos Xogos Olímpicos de 1980.
Ademais gañou os Campionatos Europeos de Atletismo de 1969 e 1974, os Campionatos Europeos de Atletismo en Pista Cuberta de 1970, 1971, 1972, 1975, 1976 e 1977. Saneiev foi campión da URSS en 1968-71, 1973-75 e en 1978.
Foi galardoado coa Orde da Bandeira Vermella do Traballo en 1969.
Categoría:Nados en 1945 Categoría:Atletas de Xeorxia Categoría:Nados en Abkhazia Categoría:Finados en 2022 Categoría:Saltadores de lonxitude Categoría:Medallistas olímpicos en atletismo Categoría:Medallistas olímpicos de ouro pola Unión Soviética Categoría:Medallistas olímpicos de prata pola Unión Soviética Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1968 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1972 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1976 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1980 Categoría:Atletas olímpicos da Unión Soviética Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 1968 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 1972 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 1976 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 1980