Oss é un concello e unha cidade ao sur dos Países Baixos, na provincia de Brabante do Norte.

Oss foi mencionado por primeira vez nunha carta do papa Alexandre II o 6 de maio de 1069. Recibiu os dereitos de cidade en 1399 por Hertogin Johanna van Brabant. No presente, Oss ten unha importante industria farmacéutica e química como Diosynth e Organon, ambas as compañías de Akzo Nobel.

Oss é tamén a residencia do equipo profesional de fútbol TOP Oss, ademais do lugar de nacemento do xogador neerlandés Ruud van Nistelrooy. Curiosamente non xogou para o TOP Oss, senón para os seus rivais do RKSV Margriet. Tamén é oriúndo da cidade un famoso grupo de música de música gótica, The Gathering, fundado en 1989. Hoxe en día queda na cidade un cofeeshop chamado "The Jungle".

Transporte Hai tres estacións de ferrocarrís: Oss, Oss West e Ravenstein.

Núcleos de poboación Nome Poboación Berghem 6.900 Haren 785 Macharen 722 Megen 1686 Oss 57.980 Ravenstein 3.724

Galería de fotografías

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial Empresas de Oss

Categoría:Cidades dos Países Baixos Categoría:Brabante do Norte