Manuel Luís Acuña Sarmiento, nado en Sobrado (A Pobra de Trives) o 3 de outubro de 1899 e finado en Ourense o 19 de agosto de 1975, foi un xornalista e poeta galego.

Traxectoria miniatura|300px|1933, Ourense. Banquete galeguista homenaxe a Emilia Docet e a Manuel Luís Acuña. Na foto, entre outros: Risco, Ramiro Isla, Leuter González, Cunqueiro, Otero Pedrayo, María Luz Morales, Blanco Amor, Xoán L. Ramos Colemán e Manuel Peña Rei.

Fillo e neto de mestres, en 1920 trasladouse a Allariz coa familia. Tras facer maxisterio por libre, ingresou en 1928 no Corpo Nacional de Maxisterio, e exerceu en Tibiás ( O Pereiro de Aguiar), A Coruña e Madrid. Na Coruña foi profesor da Escola de Insiño Galego creada polas Irmandades da Fala. Colaborou en Faro de Vigo, Vida Gallega e Nós e dirixiu o periódico El Momento da Coruña en 1930. Codirixiu con Xohán Luís Ramos Colemán a páxina cultural "Viernes Literarios" de La Región e foi membro do consello de redacción de Escuela del Trabajo.

Militante do Partido Galeguista, trala Guerra Civil española foi vítima da depuración franquista do maxisterio, polo que se viu obrigado a dedicarse ao ensino privado. Foi profesor da Academia Mercantil de Ourense.El Pueblo Gallego, 10-4-1943, p. 6. Reintegrado ao Maxisterio, foi nomeado mestre do S. G. do Couto (Ourense) en 1967.El Pueblo Gallego, 25-1-1967, p. 17.

Integrante da Xeración do 31, é autor dun único libro, Fírgoas, publicado pola editorial Nós en 1933. A comezos do século XXI, entre 2002 e 2003, foi incluído na Biblioteca Galega 120. Colaborou en Vieiros.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Depuración franquista do maxisterio Ligazóns externas , Xabier. "Fírgoas" Os libros de ánxel Casal, 20/10/2018. "Los políticos de Trives piden el Día das Letras Galegas para Manuel Luis Acuña" La Voz de Galicia, 4/10/2000 .

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Xornalistas da Pobra de Trives Categoría:Nados na Pobra de Trives Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en 1975 Categoría:Políticos do Partido Galeguista