Minamisōma (南相馬市, みなみそうまし, Minamisōma-shi) é un concello da prefectura de Fukushima no Xapón. Está situado ao sur da rexión de Tōhoku e ao nordeste da prefectura, ao leste da illa de Honshū. Ten 398,50 km² de superficie, unha poboación de 70.937 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 178 h/km².
A cidade de Minamisōma foi fundada pola fusión do concello da cidade de Haramachi e dous concellos de vilas do distrito de Sōma (Odaka e Kashima) no ano 2006.
O concello de Minamisōma limita cos concellos de Sōma, Iitate e Namie.
Minamisoma Minamisoma