A Carballa da Rocha é un carballo, e varías parcelas arredor deste, situado na Saínza de Abaixo, en Rairiz de Veiga, no concello ourensán de Rairiz de Veiga, que foi declarada árbore senlleira e Monumento natural o 1 de marzo do ano 2007. Esas parcelas engloban seis leiras lindeiras que suman 0,6429 ha.
Esta formación arbórea atópase á beira do río Limia preto da antiga Lagoa de Antela e na contorna do ZEC da Veiga de Ponteliñares. A Carballa da Rocha atópase tamén dentro da reserva da biosfera Área de Allariz.
Historia e características O exemplar convive con outras árbores centenarias de propiedade particular no que queda dunha antiga carballeira que medraba nas beiras da desecada Lagoa de Antela. O toro é corpulento, o seu perímetro na base é de 820 cmJoaquín Araujo et al. Árboles singulares de España. Mundi-Prensa Libros, 2004, páxina 198, bifúrcase aos 7 m de altura en dúas pólas de grandes dimensións chegando aos 33 m de altura. Consérvase en bo estado, esmoucouse por última vez nos anos 50 do século XX, e calcúlase que ten 500 anosJoaquín Araujo et al. Ob. cit.. Na carballeira celébrase todos os 24 de setembro a Romaría da Saínza, unha das poucas festas que representan a loita entre cristiáns e musulmáns en GaliciaDelfín Caseiro Romaría da Saínza: Mouros e Cristiáns. Difusora de Letras, Artes e Ideas, 2003.
Notas
Categoría:Monumentos naturais de Galicia Categoría:Árbores senlleiras de Galicia Categoría:Rairiz de Veiga Categoría:Artigos de Galicia sen imaxes Categoría:Rairiz de Veiga sen imaxes