Wendy and Lucy é un filme independente, estreado no Festival de Cine de Cannes do 2008. Está dirixido por Kelly Reichardt e protagonizado pola actriz Michelle Williams. O director creou o guión baseándose nun relato curto chamado Train Choir, de Jonathan Raymond.

Argumento

Wendy Carroll é unha rapaza nova que se dirixe a Alasca buscando unha oportunidade laboral. A súa única compaña é o seu can, Lucy. A rapaza queda tirada en Oregón, lonxe do seu destino. Estrágaselle o coche e non o dá reparado, extravía o can co cal estaba moi unida; e a súa situación económica non lle permite tomar moitas opcións.

Personaxes Michelle Williams como Wendy Carroll Walter Dalton como Garda de seguridade Will Oldham como Icky John Robinson como Andy Will Patton como Mecánico Deirdre O'Connell como Deb

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Filmes de 2008 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Kelly Reichardt Categoría:Filmes rodados en Oregón