Tanba (丹波市, たんばし, Tanba-shi) é un concello xaponés da prefectura de Hyōgo. Está situado ao norte da rexión de Kinki e ao nordeste da prefectura, na zona da provincia histórica de Tanba. Ten 493,28 km² de superficie, unha poboación de 68.302 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 138 hab./km².
O concello de Tanba limita cos concellos de Asago, Taka, Nishiwaki, Sasayama (que son da prefectura de Hyōgo); e Fukuchiyama (este último é da prefectura de Kyoto).
Historia A cidade de Tanba foi fundada pola fusión de 6 concellos de vilas do distrito de Hikami (Hikami, Kaibara, Aogaki, Kasuga, Sannan e Ichijima) no ano 2004.
Véxase tamén Lista de concellos do Xapón
Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Tanba .
Categoría:Prefectura de Hyōgo Categoría:Concellos do Xapón Categoría:Rexión de San'in