Rosa Elena Tránsito Amaguaña Alba, nada o 10 de setembro de 1909 en Pesillo e finada o 12 de maio de 2009 nesta mema vila, foi unha das líderes indíxenas de Ecuador.

Traxectoria Amaguaña foi unha figura sobranceira dos grandes levantamentos indíxenas ecuatorianos de Cayambe, efectuados na primeira metade do século XX, previos á Reforma Agraria deste país. Foi así mesmo unha firme defensora da educación bilingüe quechua-español, creando en 1945, por iniciativa propia e sen apoio gobernamental, as denominadas escolas campesiñas de ensino bilingüe, na área de Cayambe, provincia de Pichincha. O seu labor incesante foi recoñecido co Premio Eugenio Espejo, recibido en 2003.

Véxase tamén Outros artigos Dolores Cacuango Ligazóns externas Biografía detallada de Tránsito Amaguaña. Nova da morte de Tránsito Amaguaña, no xornal Vieiros.

Categoría:Personalidades de Ecuador Categoría:Nados en 1909 Categoría:Finados en 2009 Categoría:Mulleres líderes indíxenas Categoría:Activistas dos dereitos indíxenas Categoría:Ecuatorianos de ascendencia quechua Categoría:Nados en Ecuador