Hachimantai (八幡平市, はちまんたいし, Hachimantai-shi) é un concello da prefectura de Iwate no Xapón. Está situado na rexión de Tōhoku e ó noroeste da prefectura, ao noroeste da illa de Honshū. Ten 862,25 km² de superficie, unha poboación de 29.391 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 34,1 h/km².

O concello de Hachimantai limita cos concellos de Sizukuishi, Takizawa, Morioka, Iwate, Ichinohe, Ninohe (que son da prefectura de Iwate); de Kazuno, Senboku (que son da prefectura de Akita); e Takko (este último é da prefectura de Aomori).

Cidades irmandadas Miyako-shi, prefectura de Iwate, Xapón.

Véxase tamén Lista de concellos do Xapón

Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Hachimantai .

Categoría:Prefectura de Iwate Categoría:Concellos do Xapón