O Sevilla Atlético Club é o equipo filial do Sevilla Fútbol Club. Foi fundado en 1958 e actualmente xoga na Segunda División B Española. No ano 2006 retomou a denominación orixinal de Sevilla Atlético, tras varios anos coa denominación de Sevilla Fútbol Club "B".

O obxectivo do Sevilla Atlético non é a consecución de logros deportivos, senón a de formar xogadores xoves que logo poidan xogar no primeiro equipo.

Escudo O Sevilla Atlético retomou na tempada 2006–07 o escudo que posuía nas súas orixes, sendo o contorno igual ao do primeiro equipo, con forma de corazón, pero percorrido por un dos monumentos máis emblemáticos da cidade de Sevilla, a Giralda. De esquerda a dereita percórreo unha franxa vermella. Un balón de fútbol antigo e as siglas SAC, de Sevilla Atlético Club, entrelazadas completan o escudo.

Uniforme Uniforme titular: Camiseta branca cunha banda vermella cruzando de dereita a esquerda a camiseta, pantalón negro, medias negras. Uniforme alternativo: Camiseta vermella cunha banda branca cruzando de dereita a esquerda a camiseta, pantalón vermello, medias vermellas. Terceiro uniforme: Camiseta negra, pantalón negro, medias brancas.

Dáse a circunstancia de que o Sevilla Atlético é o único equipo filial dun club español que posúe un uniforme distinto ao do primeiro equipo.

Estadio O Sevilla Atlético disputa habitualmente os seus partidos oficiais na Cidade Deportiva José Ramón Cisneros Palacios, no campo principal que ten capacidade para 5.500 espectadores e que é coñecido como Viejo Nervión. Porén, en varias ocasións, o Sevilla Atlético tamén disputou os seus partidos no estadio Sánchez Pizjuán con capacidade para 45.500 espectadores.

Con motivo do ascenso de categoría a Segunda División no ano 2007, e debido á normativa vixente que regula aos equipos que militan en categoría profesional, o club puxo en marcha un proceso de remodelación da Cidade Deportiva, o que supuxo aumentar o aforamento a 5.500 espectadores (antigamente era de 2.500), así como melloras nos accesos e outras instalacións.

Datos do club Tempadas en 1ª: 0 Tempadas en 2ª: 3 Tempadas en 2ªB: 24 Tempadas en 3ª: 27 Ascensos a Segunda logrados: 2 (1962 e 2007) Liguiñas de ascenso a Segunda disputadas: 7 Desde 2ªB: 5 (1999, 2004, 2005, 2006 e 2007) Desde 3ª: 2 (1961 e 1962)

Xogadores 2009/10

Palmarés Torneos nacionais Segunda División B de España (2): 2004-05, 2006-07 Terceira División de España (9): 1960-61, 1961-62, 1980-81, 1982-83, 1983-84, 1985-86, 1986-87, 1991-92, 2000-01 Subcampión da Segunda División B (2): 1988-89, 1998-99 Subcampión de Terceira División (2): 1965-66, 1967-68

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial do Sevilla FC Novas do Sevilla Atlético

Categoría:Equipos de fútbol filiais españois Sevilla Atletico Categoría:Sevilla FC