Yao (八尾市, やおし, Yao-shi) é un concello xaponés da prefectura de Osaca. Está situado ao leste da prefectura, na zona da provincia histórica de Kawachi, no centro da rexión de Kinki, e no centro da illa de Honshu. Ten 41,71 km² de superficie, unha poboación de 271.460 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 6.510 hab./km².
O concello de Yao limita cos concellos de Kashiwara, Fujiidera, Matsubara, Osaca, Higashiōsaka (que son da prefectura de Osaca); Heguri e Sangō (que son da prefectura de Nara).
Categoría:Prefectura de Osaca Categoría:Concellos do Xapón