Kamakura (鎌倉市, かまくらし, Kamakura-shi) é un concello da prefectura de Kanagawa no Xapón. Está situado ó sur da rexión de Kantō e ó leste da prefectura, na parte leste da illa de Honshū. Ten 39,60 km² de superficie, unha poboación de 173.746 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 4.390 h/km².
O concello de Kamakura limita cos concellos de Fujisawa, Yokohama e Zushi.
Turismo Templo xintoísta de Tsurugaoka Hachiman-gū (鶴岡八幡宮). Templo budista de Kōtoku-in (高徳院). Templo budista de Kenchō-ji (建長寺). Templo budista de Gokuraku-ji (極楽寺). Templo budista de Jufuku-ji (寿福寺).
Galería de imaxes
Cidades irmandadas Niza, Provenza-Alpes-Costa Azul, Francia (1966). Hagi-shi, prefectura de Yamaguchi, Xapón. (1979) Ueda-shi, prefectura de Nagano, Xapón (1979). Ashikaga-shi, prefectura de Tochigi, Xapón (1982).
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Kamakura .
Categoría:Prefectura de Kanagawa Categoría:Concellos do Xapón