Nanao (七尾市, ななおし, Nanao-shi) é un concello da prefectura de Ishikawa no Xapón. Está situado ó nordés da prefectura, na península de Noto, na parte de Hokuriku na rexión de Chūbu e no centro da illa de Honshū. A súa superficie é de 318,01 km², a poboación é de 58.978 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 185 h/km².
O concello de Nanao limita cos concellos de Anamizu, Shika, Nakanoto (que son da prefectura de Ishikawa); e Himi (este último é da prefectura de Toyama).
Cidades irmandadas Jinzhou, Dalian, Liaoning, China Gimcheon, Gyeongsang do Norte, Corea do Sur Bratsk, Óblast de Irkutsk, Rusia Monterey (California, Estados Unidos) Morgantown, Kentucky, Estados Unidos
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Nanao .
Categoría:Prefectura de Ishikawa Categoría:Rexión de Hokuriku Categoría:Concellos do Xapón