Itako (潮来市, いたこし, Itako-shi) é un concello da prefectura de Ibaraki no Xapón. Está situado ao leste da rexión de Kantō e ao sueste da prefectura, na zona da provincia histórica de Hitachi, na parte leste da illa de Honshū. A súa superficie é de 62,67 km², a poboación é de 30.850 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 492 h/km².
O concello de Itako limita cos concellos de Kamisu, Kashima, Namegata, Inashiki (que son da prefectura de Ibaraki); e Katori (este último é da prefectura de Chiba).
Historia A cidade de Itako foi fundada pola fusión de dous concellos de vilas do distrito de Namegata (Itako e Ushibori) o 1 de abril de 2001.
Véxase tamén Outros artigos Lista de concellos do Xapón
Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Itako .
Categoría:Prefectura de Ibaraki Categoría:Concellos do Xapón