miniatura|J.J. Abrams.

Jeffrey Jacob Abrams, nado en Nova York o 27 de xuño de 1966, é un produtor de cine e televisión, escritor, director, actor e compositor xudeu estadounidense, máis coñecido coma J. J. Abrams.

Traxectoria Criouse nos Ánxeles (California), onde estudou no Palisades Charter High School. Máis tarde asistiría a Sarah Lawrence College.

Realizou o guión e produciu varias longametraxes antes de ser o cocreador da serie de televisión Felicity. Tamén creou Alias e cocreou Lost, pola que gañou dous Premios Emmy, Fringe e Undercovers. Abrams diririu os filmes Mission: Impossible III (2006), Star Trek (2009) e Star Trek Into Darkness (2013) e Super 8 (2011) e produciu os filmes Cloverfield (2008) e Morning Glory (2010). Tamén dirixiu, produciu e coescribiu o sétimo episodio da saga Star Wars e a primeira película da triloxía secuela, Star Wars: The Force Awakens (2015). A película é a súa película máis taquillera, así como a cuarta película máis taquillera de todos os tempos sen axustar a inflación. Volveu a Star Wars producindo executivamente The Last Jedi (2017), e dirixindo e coescribindo Star Wars: The Rise of Skywalker (2019).

Os colaboradores frecuentes de Abrams inclúen o produtor Bryan Burk, o produtor/director Tommy Gormley, os actores Greg Grunberg, Simon Pegg, Amanda Foreman, e Keri Russell, o compositor Michael Giacchino, os escritores Alex Kurtzman e Roberto Orci, os directores de fotografía Daniel Mindel e Larry Fong, e os editores Maryann Brandon e Mary Jo Markey.

Filmografía Taking Care of Business (1990) (guionista) Regarding Henry (1991) (guionista, coprodutor) Forever Young (1992) (guionista, produtor executivo) Diabolique (1996) (actor: Camarógrafo #2, como Jeffrey Abrams) The Pallbearer (1996) (produtor) Gone Fishin' (1997) (coguionista) Armageddon (1998) (guionista) The Suburbans (1999) (produtor) Joy Ride (2001) (guionista, produtor) Mission: Impossible III (2006) (director, coguionista) Cloverfield (2008) (produtor) Star Trek (2009) (director, produtor) Morning Glory (2010) (produtor) Super 8 (2011) (director, guionista, produtor) Misión Imposible: Protocolo fantasma (2011) (guionista, produtor) Star Trek Into Darkness (2013) (produtor/director) Secuela de Cloverfield sen título (2013) (produtor) Samurai Jack (sen data) (coprodutor) Infinitely Polar Bear (sen data) (coprodutor) Star Wars: The Force Awakens (2015) The Last Jedi (2017) Star Wars: The Rise of Skywalker (2019).

Televisión Felicity (1998–2002) (cocreador, guionista, produtor executivo, director, cocompositor do tema principal) Alias (2001–2006) (creador, guionista, produtor executivo, director, compositor do tema principal) Lost (2004-2010) (produtor executivo, compositor do tema principal, cocreador, guionista, director) The Office (2005–2011) (director invitado nun episodio) What About Brian (2006–2007) (produtor executivo) Six Degrees (2006–2007) (produtor executivo) Jimmy Kimmel Live! (2006) (director invitado nun episodio) Fringe (2008–presente) (cocreador, guionista, produtor executivo, director invitado nun episodio) Anatomy of Hope (2009) (produtor executivo, guionista, director) Undercovers (2010) (cocreador, produtor executivo, guionista, director) Person of Interest (anunciada) Alcatraz (anunciada)

Premios Premios BAFTA Ano Categoría Película Resultado2007Mellor serie internacionalLostCandidato

Premios Emmy Ano Categoría Película Resultado2005Mellor dirección de serie dramáticaLostGañador2005Mellor serie dramáticaLostGañador2005Mellor guión de serie dramáticaLostCandidato2002Mellor guión de serie dramáticaAliasCandidato

Premios Razzie Ano Categoría Película Resultado1999Peor guiónArmageddonCandidato

Premios WGA Ano Categoría Película Resultado2007Serie dramáticaLostCandidato2006Serie dramáticaLostGañador

Notas

Véxase tamén

Categoría:Creadores de Lost Categoría:Directores de Lost Categoría:Produtores de Lost Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Guionistas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Nova York Categoría:Nados en 1966