Lost é unha serie de televisión que se estreou o 22 de setembro de 2004, na cadea estadounidense ABC. Até o momento foron transmitidas cinco tempadas, ademais de numerosos vídeos de recompilación de anteriores episodios. A ABC anunciou que poñerá fin á serie despois da súa sexta tempada, o que fará que remate con 120 episodios en total. A seguinte é unha completa lista de episodios dos episodios da serie televisiva, a cal empezou a emitirse orixinalmente o 22 de setembro de 2004. Cada episodio presenta a acción xeral na illa, así como flashbacks ou flashforwards a outro punto na vida dun personaxe.
As catro primeiras tempadas están dispoñíbeis en DVD nas rexións 1, 2 e 4.
Tempadas Tempada Episodios Data orixinal de emisión 1 24 2004 – 2005 2 23 2005 – 2006 3 22 2006 – 2007 4 14 2008 5 17 2009
Primeira tempada
A primeira tempada transmitiuse (en Estados Unidos) entre o 22 de setembro de 2004 e o 25 de maio de 2005. Ademais dos vinte e cinco episodios normais da tempada, houbo un especial, "Lost: A Viaxe", transmitido o 27 de abril de 2007, para poñer os misterios da illa e os personaxes en perspectiva antes de terminar a tempada.
A tempada un comeza cando se produce un accidente aéreo, onde os sobreviventes do voo 815 de Oceanic teñen que estar nunha illa deserta aparentemente abandonada, forzando ao grupo de estranxeiros traballar xuntos para permanecer con vida. Con todo, a súa supervivencia é ameazada por varios misterios, incluíndo o contido dun zapón enterrado na terra, un tipo de "monstro" que vaga pola illa e os nativos habitantes da illa coñecidos como "Os Outros". A primeira tempada transcorre en 44 días.
Segunda tempada
A tempada dúas transmitiuse (en Estados Unidos) entre o 21 de setembro de 2005 e o 24 de maio de 2006. Ademais dos vinte e catro episodios normais da tempada, houbo tres especiais, que foron transmitidos para proporcionar os misterios da illa. Houbo varios cambios no elenco na tempada dúas. Ian Somerhalder, que interpretou a Boone, só apareceu nun episodio, mentres que Malcolm David Kelley, que interpreta a Walt, só apareceu en catro episodios. Michelle Rodríguez, Adewale Akinnuoye-Agbaje e Cynthia Watros uníronse ao elenco principal como Ana Lucía, Sr. Eko e Libby, respectivamente.
A tempada dúas introduciu novos personaxes á serie, que inclúen aos sobreviventes da sección da cola do avión e aos outros habitantes da illa. Máis mitoloxías e penetracións da illa na vida dos sobreviventes divúlganse. A existencia da Iniciativa DHARMA e do seu benfeitor, a Fundación Hanso, tamén se introducen. A verdade sobre "Os Outros" comeza a ser relevada. A segunda tempada ocorre en 23 días.
Terceira tempada
A tempada tres comezouse a transmitir (en Estados Unidos) o 4 de outubro de 2006. Houbo vinte e tres episodios transmitidos en dous bloques. O primeiro bloque consistiu en seis episodios e transmitiuse por seis semanas consecutivas. Despois de que unha rotura de doce semanas, o segundo bloque transmitiría, e ofrecería, os dezasete episodios restantes. Ademais dos vinte e tres episodios normais da tempada, houbo tres especiais. "Lost: A Tale of Survival" transmitida unha semana antes da estrea, e "Lost Survivor Guide" transmitido xunto co episodio sete, cando a tempada volveu da súa rotura de doce semanas, e finalmente "Lost: The Answers" antes do remate.
Harold Perrineau, Maggie Grace, Michelle Rodríguez, e Cynthia Watros, que interpretaron a Michael, Shannon, Ana Lucía, e Libby, respectivamente, abandonaron o elenco, mentres que Michael Emerson como Ben e Henry Ian Cusick como Desmond fixéronse membros regulares. Elizabeth Mitchell uniuse o elenco principal como Juliet, ao igual como o fixo Kiele Sanchez e Rodrigo Santoro, como Nikki e Paulo respectivamente.
A tempada tres continúa 67 días despois do accidente. A tempada comeza onde a segunda tempada rematou: tres dos sobreviventes do accidente son mantidos en cativerio polos "Outros". Son reveladas máis historias sobre os Outros, así como da Iniciativa DHARMA. A terceira tempada ocorre en 26 días.
Cuarta tempada
A tempada catro comezouse a transmitir (en Estados Unidos) o 31 de xaneiro de 2008, concluíndo o 29 de maio desde mesmo ano. A produción comezou en agosto de 2007 e trala folga de guionistas en Hollywood de 2007 só se realizaron 14 episodios en troques dos 16 previstos.
Adewale Akinnuoye-Agbaje, Dominic Monaghan, Kiele Sanchez e Rodrigo Santoro, que interpretaban a Mr. Eko, Charlie, Nikki e Paulo, respectivamente, deixaron a serie durante anterior tempada, volvendo Harold Perrineau a interpretar a Michael. Ademais de Perrrineau, tres novos actores se uniron á serie, Jeremy Davies, Ken Leung e Rebecca Mader interpretando a Daniel Faraday, Miles Straume e Charlotte Lewis respectivamente.
A terceira tempada continua 91 días despois do accidente. Esta tempada en lugar dos habituais flashbacks durante os capítulo vanse vendo as vidas dos Seis de Oceanic e a súa futura vida fora da illa. A cuarta tempada ocorre en 17 días.
Quinta tempada
A quinta tempada comezou a transmitirse nos Estados Unidos o 21 de xaneiro de 2009, e a data de conclusión aínda non foi anunciada . A produción comezou en agosto de 2008. A pesar de que debía contar con 16 episodios, probablemente agregaráselle un máis pola folga de guionistas do 2008. A historia centrarase en dúas en dúas partes principais, primeiro nas aventuras dos superviventes que quedaron na illa logo dos saltos temporais, ficando finalmente en 1977 e entrando a formar parte da Iniciativa Dharma e segundo no feito de por que Os seis de Oceanic deben volver á illa e como o farán, acción que transcorre a comezos de 2008.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Lost Lost