A segunda tempada da serie de televisión Lost foi estreada en Estados Unidos e Canadá o 21 de setembro de 2005, finalizando o 24 de maio de 2006, tras de 24 episodios. Esta temporada continúa a historia do grupo de sobreviventes a un accidente aéreo nunha remota illa do Pacífico Sur. Son mostrados por primeira vez os outros sobreviventes do avión, así como os outros enigmáticos habitantes da illa. Nestes capítulos séguese afondando no pasado das personaxes e acción adoita xirar en torno ao zapón, onde se comezaran a coñecer cousas dun grupo de científicos coñecido como Iniciativa Dharma.
Esta tempada foi emitida os mércores as nove da tarde nos Estados Unidos. Ademais dos 24 episodios tres pequenos programas relembraron acontecementos previos na illa: "Destination Lost" antes da estrea da tempada, "Lost: Revelation" despois do episodio 10 e "Lost: Reckoning" despois do 20. A tempada saíu á venda en DVD en sete discos nunha caixa chamada Lost: The Complete Second Season – The Extended Experience o 5 de setembro de 2006 (nos Estados Unidos)
Resumo da tempada O zapón que os personaxes conseguiran abrir ao final da primeira tempada resulta ser unha especie de búnker que ten auga corrente, electricidade, comida etc. No sitio tamén hai unha computadora na que, de acordo ao ocupante do búnker (un home chamado Desmond), debe introducirse a serie de números "4, 8, 15, 16, 23, 42" cada 108 minutos ou o mundo acabarase. Un aparello na parede mostra a conta atrás, e unha alarma soa xusto 4 minutos antes de que se cumpra o prazo de tempo. Os sobreviventes que entraron no búnker, Jack, Kate e Locke, debaten acerca de se deberían ou non crer no que Desmond lles está a contar. Jack, de carácter máis racional, di que todo iso soa absurdo, mentres que Locke ten máis dúbidas e sente que deberían ter fe no que lles contou Desmond. Progresivamente, e grazas entre outras cousas a un vídeo informativo que había no búnker, aprenden que o que ata agora estiveran chamando "o zapón" é A estación Cisne, unha das estacións de A Iniciativa DHARMA. Despois de haberllo contado todo, Desmond márchase.
Mentres tanto, Sawyer e Michael, cuxa balsa fora destruída ao final da primeira tempada (coa consecuente desaparición de Jin e Walt) conseguen con dificultades regresar á illa. Alí atópanse cun Jin que foxe aterrorizado de quen parecen ser Os Outros. Ao principio son capturados os tres, pero posteriormente decátanse de que os seus captadores son en realidade máis sobreviventes do accidente de avión, que simplemente foran a parar a outra parte da illa. Este grupo de sobreviventes está liderado por unha ex-policía chamada Ana Lucia e integrado polo Sr. Eko, de orixe africana. Finalmente ponse de acordo para viaxar todos xuntos cara ao outro lado da illa para reunirse co resto dos sobreviventes, aínda que de camiño, e accidentalmente, Ana Lucia dispara e mata a Shannon. Mentres tanto, as preocupacións de Michael céntranse en tratar de atopar ao seu fillo Walt.
Rousseau captura a un home que di chamarse Henry Gale, que chegara á illa accidentalmente en globo. O home insiste en que non é un d'Os Outros, mais os sobreviventes non confían nel e pechano nunha cámara da estación Cisne, onde lle interrogan con dureza. Entre tanto, nunha ocasión Locke queda atrapado dentro da estación pero sen poder chegar ata o computador para introducir os números, polo que pide axuda a Henry. A alarma empeza a soar e prodúcese un gran caos, durante o cal Locke consegue ver un mapa pintado na parede que era só visible á luz ultravioleta, mais logo a situación volve á normalidade e restablécese a conta atrás. Henry afirma que non escribiu nada no computador, o que enche de dúbidas a Locke con respecto a se a tarefa que está a levar a cabo serve realmente para algo. Tamén se descobre que Henry estaba a mentir e era en realidade un dos Outros, polo que deciden mantelo encerrado.
Seguindo pistas dos seus soños, e do mapa que Locke puido ver durante uns segundos na estación Cisne, el e Eko buscan e atopan o que parece ser a estación central, A estación da Perla. Esta estación parece deseñada para observar os ocupantes das outras estacións, o que fai a Locke convencerse de que en realidade todo o asunto de introducir os números cada 108 minutos é só un experimento psicolóxico e non "salva o mundo".
Mentres tanto Michael continúa buscando ao seu fillo secuestrado, Walt. Un día, mentres se atopa na estación Cisne, cre ter unha conversación co seu fillo a través do computador, o que lle conduce a tratar de chegar ata o campamento d'Os Outros pola súa conta. Alí permítenlle falar co seu fillo, e prométenlle que o deixarán ir se ceiba a Henry e trae a Jack, Kate, Sawyer e Hurley ata o campamento. Michael volve á estación Cisne, mata a Ana Lucia e a Libby, libera a Henry, e dispárase a si mesmo no ombreiro para poder finxir que Henry conseguiu escapar pola forza. Pouco despois diso, Desmond regresa á illa no barco no que había tratado de abandonala.
Finalmente Michael convence a Jack, Kate, Sawyer e Hurley para ir ata o campamento d'Os Outros a rescatar a Walt, mais Sayid intúe que é unha trampa e avisa a Jack. El, pola súa banda, seguiraos no barco de Desmond a certa distancia. Para esta tarefa leva tamén a Jin e a Sun.
A pesar de que Jack estaba prevido, a expedición de sobreviventes sofre unha emboscada. Henry, aparente líder d'Os Outros, cumpre o seu parte do trato e libera a Michael e a Walt, aos que ademais lles proporciona un barco para abandonar a illa. Isto veno os seus compañeiros, e comprenden que Michael lles traizoou. Os Outros secuestran entón a Jack, Sawyer e Kate, mais permiten que Hurley volva ao campamento.
Locke e Desmond entran na estación Cisne e encerran a Eko para que non poida introducir os números. No último momento, Desmond dáse conta de que a última vez que os números non foron introducidos xusto a tempo foi o día en que o avión se estrelou na illa. Cando o contador chega a cero faise patente unha enorme forza magnética, creando o caos dentro da habitación. Desmond dille a Locke que vai salvalo, e baixa a un punto que hai baixo a estación para activar un mecanismo. O resultado inmediato non se mostra, pero a illa enteira vese envolvida nunha luz cegadora e un son atronador.
A segunda tempada acaba mostrando unha estación científica no Polo, na que dous homes observan unha "anomalía" nun monitor e chaman a Penélope, a antiga noiva de Desmond, para dicirlle que atoparon o que estaban a buscar.
Elenco Protagonistas: Adewale Akinnuoye-Agbaje é Eko Tunde Naveen Andrews é Sayid Jarrah Emilie de Ravin é Claire Littleton Matthew Fox é Jack Shephard Jorge Garcia é Hugo Reyes Maggie Grace é Shannon Rutherford Josh Holloway é James Ford Daniel Dae Kim é Jin-Soo Kwon Yunjin Kim é Sun Hwa-Kwon Evangeline Lilly é Kate Austen Dominic Monaghan é Charlie Pace Terry O'Quinn é John Locke Harold Perrineau é Michael Dawson Michelle Rodriguez é Ana Lucía Cortez Cynthia Watros é Libby
Personaxes recorrentes: Sam Anderson é Bernard Nadler Michael Bowen é Danny Pickett L. Scott Caldwell é Rose Henderson Henry Ian Cusick é Desmond Hume Michael Emerson é Henry Gale Mira Furlan é Danielle Rousseau M. C. Gainey é Tom Kimberley Joseph é Cindy Chandler Malcolm David Kelley é Walt Lloyd Tania Raymonde é Alex John Terry é Christian Shephard
Actuación especial: Ian Somerhalder é Boone Carlyle
Recepción Esta tempada foi nomeada a nove Emmy, incluíndo nomeamentos ao mellor guión, dirección e actor invitado. Con todo, finalmente a tempada non gañou ningunha dos premios. Tamén foi nomeada a dous Globos de Ouro: á mellor serie de drama e mellor actriz protagonista (Evangeline Lilly polo seu papel de Kate), aínda que desta ocasión tampouco se levaron ningún dos premios.
O DVD da tempada foi número un en vendas na súa primeira semana de lanzamento, chegando á vender 500.000 no primeiro día, sendo na tenda electrónica Amazon o sétimo máis alto en venda de DVD do ano 2006. O DVD recibiu unha "aclamación universal", cunha puntuación media de 85 sobre 100 en Metacritic. A estrea do primeiro capítulo da tempada logrou acadar unha moi elevada cota de pantalla con 23,47 millóns de espectadores nos Estados Unidos, sendo a media en xeral da tempada de 18,91 millóns de espectadores, unha media lixeiramente superior á da primeira tempada, que rexistrara 18,38 millóns de media.
Lista de episodios # Título Director/esPersonaxe/s central/isData de emisiónCódigo
Categoría:Lost