Kamiamakusa (上天草市, かみあまくさし, Kamiamakusa-shi) é un concello xaponés da prefectura de Kumamoto. Está situado no centro-oeste da rexión de Kyūshū e ao nordés das illas de Amakusa. A súa superficie é de 126,14 km², a poboación é de 30.116 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 239 hab./km².

A cidade de Kamiamakusa foi fundada pola fusión de 4 concellos de vilas do distrito de Amakusa (Matsushima, Ōyano, Himedo e Ryūgatake) no ano 2004.

O concello de Kamiamakusa limita co concello de Amakusa.

Véxase tamén Lista de concellos do Xapón

Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Kamiamakusa .

Categoría:Prefectura de Kumamoto Categoría:Concellos do Xapón