O Partido Socialista Galego-Esquerda Galega (PSG-EG) foi un partido nacionalista galego de esquerdas.
Traxectoria Celebrou o seu Congreso Constituínte o 24 de xuño de 1984 da fusión de Esquerda Galega e o Partido Socialista Galego, logo dun período de conversas que durou un ano. O seu principal dirixente foi Camilo Nogueira.
En 1993 formou con sectores galeguistas de centro unha nova Unidade Galega, e nas eleccións xerais e autonómicas de 1993 concorreu na coalición UG-EU, diante o fracaso electoral unha parte da organización confluíu con EU formando Esquerda Unida-Esquerda Galega e a outra integrouse no BNG como Unidade Galega. Ese mesmo ano o partido tiña un total de 1130 militantes en 67 agrupacións locais, a máis numerosa era a de Vigo con 160 militantesBeramendi, J. G., & Seixas, X. M. N. (1996). O nacionalismo galego. Edicions A Nosa Terra, Promocions Culturais Galegas, SA.. miniatura|Adhesivo dos Colectivos de Xuventude do PSG-EG co lema "Mulleres pola paz". O partido tiña unhas fortes conviccións pacifistas.
Resultados electorais Eleccións Votos % Deputados/concelleiros Alcaldes Eleccións municipais de 1983 en Galicia 28.995 2,21% Eleccións ao Parlamento de Galicia de 1985 71.599 5,71% - Eleccións xerais de 1986 45.574 3,57% - Eleccións municipais de 1987 en Galicia 57.062 4,25% Eleccións ao Parlamento de Galicia de 1989 50.047 3,79% - Eleccións xerais de 1989 34,.131 2,59% - Eleccións municipais de 1991 en Galicia 39.116 2,83% Eleccións ao Parlamento de Galicia de 1993 44.902 3,09% - Eleccións xerais de 1993 74.605 4,75% -
Notas
Referencias
Véxase tamén Outros artigos Izquierda de los Pueblos (1987)
Categoría:Partidos nacionalistas galegos Categoría:Partidos políticos desaparecidos de Galicia