A praia dos afogados é unha novela negra escrita por Domingo Villar, publicada por Editorial Galaxia en 2009. Está protagonizada polo inspector de policía Leo Caldas e é o segundo libro da serie, despois do seu debut con Ollos de auga.
Estrutura O libro está dividido en 85 capítulos. Os títulos destes capítulos están formados por unha única palabra, da que se dá a definición de dicionario ao comezo de cada un deles.
Argumento
O inspector de policía vigués Leo Caldas recibe unha chamada onde o avisan da aparición na praia de Madorra, en Panxón, dun cadáver, aparentemente afogado. Crese que é un suicidio, e o inspector non lle dá moita importancia, ata que na autopsia se comproba que o xeito en que ten colocada a brida que lle ata as mans apunta a un asasinato.
Pouco a pouco vaise descubrindo que a súa morte está relacionada co naufraxio do pesqueiro Xurelo, acontecido 12 anos atrás. O barco tripulábano o falecido, Xusto Castelo, O Rubio, xunto con outros dous mariñeiros e mailo patrón. O barco foi a pique preto da illa de Sálvora, unha noite de temporal, e de xeito un pouco estraño. No naufraxio falecera o capitán, mentres que os tres mariñeiros sobreviventes, dos cales dous viven aínda en Panxón, non manteñen relación entre si e gardan un fondo silencio sobre o sucedido.
Ao longo do libro vanse atopando outras pistas que confirman que non foi un suicidio: a chalupa do falecido aparece ao outro lado de Monteferro, lonxe do cadáver; o morto ten un golpe na caluga posiblemente feito á mantenta; e mesmo gravacións dunha cámara de seguridade. Malia á reticencia dos mariñeiros locais para falar do acontecido, Leo Caldas tira dun fío que o leva á desaparición dunha muller en Aguiño a mesma noite do afundimento. miniatura|O inspector mirou cara arriba e, entre as pingas que escorrían polo cristal, viu o home peixe no alto do seu pedestal….p. 66 Paralelamente, Leo Caldas segue co seu programa de radio Patrulla nas ondas; tamén ten un papel importante, mesmo na resolución da trama, o seu pai, que está a coidar do seu irmán Alberte, gravemente enfermo no Hospital Xeral de Vigo.
Adaptacións O libro publicouse simultaneamente en galego e en castelán, en abril de 2009. A casa da edición galega foi Galaxia e a da castelá Siruela. En 2010 publicouse a edición en alemán co título de Strand der Ertrunkenen, traducida por Carsten ReglingFicha do libro en alemán e a italiana, co título de La spiaggia degli affogati, traducida por S. CattaneoFicha en BiTraGa.. En 2011 editouse a tradución ao inglés, co título de Death on a Galician Shore; ao francés, co título de La plage des noyés, traducida por Dominique LepreuxFicha en BiTraGa.; ao polaco traducida por Marta Kitowska co título de Plaża topielcówFicha en BiTraGa. e ao neerlandés, traducida por Johan Rijskamp co título de Het strand van de verdronkenenFicha en BiTraGa.. En 2013 editouse a tradución ao portugués (A praia dos afogados, Sextante Editora, traducida por Helena Pitta).
No 2015 estreouse a versión cinematográfica, A praia dos afogados.IMDb"O inspector Leo Caldas pasa da novela ao cine con Gerardo Herrero" , artigo no Diario de Pontevedra, 7 de novembro de 2010.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Ficha na páxina da editorial
Praia dos afogados, A Categoría:Obras literarias de 2009 Categoría:Novelas ambientadas en Galicia Categoría:Editorial Galaxia