miniatura|Monumento a Verri en Milán O conde Pietro Verri, nado o 12 de decembro de 1728, en Milán, onde morreu o 28 de xuño de 1797, foi un filósofo, economista, historiador e escritor milanés.

Verri serviu no exército austríaco, en 1759-60 durante a Guerra dos Sete Anos, despois volveu a Milán, onde coñeceu filósofos importantes, como Cesare Beccaria, co que xunto co seu irmán Alessandro Verri fundou a Accademia dei Pugni en 1761, un grupo de debate sobre a política pública e economía. Entre 1764 a 1766 o publicou o seu primeiro xornal Il Caffè. O seu terceiro irmán, o conde Carlo Verri tamén foi un destacado líder político, senador do Reino da Italia e Presidente da Rexencia Provisoria, en 1814, e autor de importantes tratados de agricultura.

Verri comezou a publicar libros sobre cuestións económicas en 1760. En 1763 publicou Discorso sulla felicità, un tratado sobre a ética hedonista. Despois do clausura e dispersión de Il Caffè, Verri exerceu diversos postos na administración austríaca, publicou algunhas das obras utilitarias, o máis famoso foi o Discorso en 1773 e Osservazioni sulla tortura en 1777.

En 1771, Meditazioni sulla economia politica, foi con certeza a súa maior contribución á teoría económica. Verri defende que os prezos dependen "da abundancia aparente" da propiedade e da "necesidade" dela. El define "necesidade" como un tipo de dor que os homes buscan reducir ao mínimo para a actividade e a industria. Para Verri, as "necesidades" non son nunca os únicos desexos, pero deberíanse expresar co pagamento, a compra, para que poidan ser considerados "créditos", no sentido moderno. Con Beccaria, Verri notou que "a abundancia aumenta co número de provedores (ou sexa, coa oferta) e as " necesidades ", co número de compradores (ou sexa a demanda). El observa que o valor dun produto corresponde directamente á necesidade e á abundancia (ou sexa, a oferta e a demanda). Desta forma a Verri pode ser considerado un importante precursor do marxinalismo.

A obra de Verro non só inclúe a tentativa para calcuar o balance de pagamentos, senón tamén a primeira expresión matemática dunha curva de demanda. En política económica, Verri seguiu as posicións radicais do laissez-fair preconizado polos fisiócratass. Discordou co principio de "refluxo", de David Hume, porque el dixo que o axuste do balance de pagamentos non se debía ao prezo, senón aos niveis da actividade económica global. As súas teorías económicas son intermedias entre as dos fisiócratas e as de Adam Smith. Nas súas funcións oficiais na administración austríaca, Verri intentou introducir unha serie de reformas económicas e administrativas, pero con pouco éxito. En 1772, Verri foi elixido vicepresidente, e en 1780, presidente da Cámara de Contas. El fixo tamén informes, preconizando a redistribución de terras entre as grandes e as pequenas propiedades. Retirouse da vida pública en 1786, pero viviu o suficiente para ver a Revolución Francesa.

A figura de Pietro Verri destaca tamén no ámbito da numismática pola súa ampla colección de moedas italianas, entre as que destacan numerosas pezas, algunhas delas de gran rareza, da Casa da Moeda de Milán.Crippa, S.; Crippa, C. (1998). Le monete della Zecca di Milano nella collezione di Pietro Verri. Banca Commerciale Italiana, Milán. Verri consideraba as moedas "documentos insibstituíbles —e adoito únicos— da historia económica dunha rexión"."Pietro Verri". I Grandi Numismatici Italiani. Società Numismatica Italiana (socnumit.org).

Obras miniatura|Sull'indole del piacere e del dolore, 1781

Discorso sulla felicità, 1763 Osservazioni sulla tortura Memorie storiche sull'economia politica dello Stato di Milano Riflessioni sulle leggi vincolanti il commercio dei grani Discorso sull'indole del piacere e del dolore Meditazioni sulla economia politica Storia di Milano, 1783

Categoría:Escritores en lingua italiana Categoría:Filósofos de Italia Categoría:Economistas de Italia Categoría:Escritores de Italia Categoría:Numismáticos de Italia Categoría:Nados en Milán Categoría:Nados en 1728 Categoría:Finados en 1797