A lingüística interna é a parte da lingüística que estuda as linguas á marxe dos factores externos, estuda as leis propias da lingüística.

Dentro da lingüística interna atópanse disciplinas como a fonoloxía, a fonética, a lexicología e maila gramática.

A fonoloxía é unha disciplina que estuda os fonemas. Estuda os trazos pertinentes que diferencian a un fonema doutro,(as características fónicas que os diferencian e xa que logo danlles a súa natureza). A fonética é unha disciplina que estuda a realización dos fonemas. A lexicología describe o plano léxico-semántico e observa como se clasifican e se agrupan as palabras. A gramática describe o plano morfosintáctico, as leis dos sistemas morfolóxicos e sintácticos. Describe as clases gramaticais e como se combinan entre elas.

Notas

Categoría:Lingüística