El pico é unha película dramática española dirixida por Eloy de la Iglesia, ambientada no Bilbao de comezos dos 80. Os temas fundamentais son a adicción á heroína e, en menor medida, o conflito vasco.

Con este filme, Eloy de la Iglesia soubo reflectir de xeito realista a inmersión de dous mozos na heroína. Nesa época foi unha droga que causou estragos na sociedade española. Os índices de delincuencia asociados a ela situáronse nos máis altos do mundo.

Ten unha secuela, "El pico 2", que se estreou o ano seguinte.

Sinopse Dous amigos, Paco e Urko, que viven en Bilbao, engánchanse xuntos á heroína. Para conseguir a súa dose diaria non dubidan en roubar, mentir e ata matar ao camelo que lles pasa a droga.

Ademais, dáse a circunstancia de que Paco é o fillo do Comandante Torrecuadrada, pertencente á Garda Civil e Urko é fillo dun político da esquerda independentista vasca.

Personaxes José Luis Manzano — Paco Javier García — Urko José Manuel Cervino — Evaristo Torrecuadrada Luis Iriondo — Martín Aramendia Enrique San Francisco — Mikel Orbea Andrea Albani — Betty Queta Ariel — Eulalia Marta Molins — Pilar Pedro Nieva Parola — Tenente Alcántara Alfred Lucchetti — Coronel Ovidi Montllor — El Cojo

Críticas As críticas non se fixeron esperar. Foi unha das poucas películas da época que tratou ese tema, primeiro coas sobredoses e despois coa sida e a hepatite C.

Ligazóns externas Páxina da película en IMDb

Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes ambientados no País Vasco