Álvaro Arbeloa Coca, nado en Salamanca o 17 de xaneiro de 1983, é un exfutbolista español que xogaba de defensa.

Foi internacional coa selección española, coa que gañou a Copa Mundial de Fútbol en 2010 e as Eurocopas de 2008 e 2012, un triplete inédito na historia do fútbol.

Traxectoria Comezos Cando tiña catro anos a súa familia trasladouse a Zaragoza, onde aos 12 anos ingresou nas categorías inferiores do Real Zaragoza, militando ata a tempada 2001-02, ano en que recalou nas categorías inferiores do Real Madrid. Xogou no Real Madrid Castilla, chegando a ser capitán do equipo que logrou o ascenso á Segunda División, a par de promesas como: Granero, Ruben de la Red, Roberto Soldado, Álvaro Negredo ou Mata. O que o levou a xogar dous partidos oficiais co primeiro equipo, ata o verán de 2006, momento no que foi contratado polo Deportivo da Coruña, que pagou 1,3 millóns de euros. Tan só estivo media tempada no Deportivo, chegando a xogar 20 partidos antes da súa fichaxe polo Liverpool.

Liverpool FC miniatura|esquerda|alt=Reina.|Arbeloa xogando co Liverpool en 2007.|133px O 31 de xaneiro de 2007 foi fichado polo Liverpool FC da FA Premier League por un total de 4 millóns de euros, debutando co equipo inglés o 10 de febreiro dese ano contra o Newcastle United. Tras unhas boas tempadas en Inglaterra, foi convocado por primeira vez por Luis Aragonés para a selección absoluta. Co Liverpool chegou a disputar 98 partidos, marcando 2 goles.

Real Madrid Logo de disputar a Copa Confederacións en xuño de 2009, e tras semanas cheas de rumores, o 29 de xullo confirmouse a fichaxe de Arbeloa polo Real Madrid por cinco tempadas, regresando así ao club no que se formou como futbolista. A operación pechouse nunha cantidade ao redor dos 4 millóns de euros. Habitualmente xoga de lateral esquerdo debido ás carencias defensivas que ten o equipo por esa banda. O 13 de febreiro marca o seu primeiro gol coa camiseta do primeiro equipo, no partido Xerez CD-Real Madrid, facendo o 0-1 para o conxunto branco.

Selección nacional miniatura|200px|Álvaro Arbeloa. O 1 de febreiro de 2008 foi convocado por primeira vez pola selección absoluta de fútbol, aínda que finalmente non puido entrar na convocatoria do seleccionador Luis Aragonés, por un desgarro muscular no abdome.

Repetiu convocatoria para o seguinte partido, un amigable ante Italia disputado o 26 de marzo de 2008. Nesta ocasión si que puido debutar, saltando ao terreo de xogo no minuto 75, substituíndo a Sergio Ramos.

Desde ese momento, foi un fixo en todas a convocatorias, sendo seleccionado para disputar coa selección a Eurocopa 2008 que se xogou en Austria e Suíza, na que o combinado español alzouse coa vitoria, e tamén formou parte do equipo que xogou a Copa Confederacións 2009 disputada en Suráfrica, onde quedaron en terceiro lugar. O 21 de xuño de 2010 debuta nun mundial en Suráfrica no Mundial de 2010 substituíndo a Sergio Ramos na segunda metade do segundo partido da fase de grupos (España 2-0 Honduras). Nese mundial proclamouse campión con España. Tamén foi convocado para a Eurocopa 2012, na que España gañou na final a por 4-0.

Participacións en Eurocopas EurocopaSedeResultadoEurocopa 2008 Austria SuízaCampiónEurocopa 2012 Polonia UcraínaCampión

Participacións en Copas Confederacións CopaSedeResultadoCopa Confederacións 2009 Suráfrica3º posto

Participacións en Mundiais CopaSedeResultadoMundial de Fútbol 2010 SuráfricaCampión

Palmarés Copas nacionais TítuloEquipoPaísAnoCopa do Rei Real Madrid España2011Liga EspañolaReal Madrid España2012

Copas internacionais TítuloEquipoPaísAnoEurocopaSelección españolaAustria e Suíza2008Copa Mundial de FútbolSelección españolaSuráfrica2010EurocopaSelección españolaPolonia e Ucraína2012

Vida persoal No verán de 2009 celebrou en Zaragoza a súa voda, converténdose en esposo de Carlota Ruiz. O 26 de abril de 2010 foi pai dunha nena chamada Alba, e o 16 de maio do 2013 dun neno chamado Raúl.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Ficha na web do Liverpool FC

Categoría:Nados en 1983 Categoría:Nados en Salamanca Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Real Madrid Castilla Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Liverpool FC Categoría:Xogadores do Real Madrid CF Categoría:Xogadores do West Ham United FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España Categoría:Medalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA Categoría:Futbolistas gañadores da Eurocopa Categoría:Futbolistas gañadores do Mundial