Valeriano Domínguez Bécquer, nado en Sevilla o 15 de decembro de 1833 e finado en Madrid o 23 de setembro de 1870, foi un pintor español.

Traxectoria miniatura|248x248px|Pintura de Valeriano Bécquer representando a dinastía borbónica co corpo en porrancho. Embaixo da pintura, pódese ler un soneto a cargo do seu irmán Gustavo Adolfo. A lámina está incluída no álbum Los Borbones en pelota aínda que algúns investigadores rexeitan a autoría dos irmáns Bécquer en favor da de Francisco Ortego.|esquerda Era fillo do pintor José Domínguez Bécquer, sobriño do tamén pintor Joaquín Domínguez Bécquer e irmán do poeta Gustavo Adolfo Bécquer.

Iniciouse na pintura da man de seu pai, aínda que tamén tivo como mestre a Antonio Cabral Bejarano.

Trasladado a Madrid, foi seu irmán quen lle abriu as portas dos ambientes artísticos da capital española.

En 1864 recibiu do Goberno de España o encargo dunha serie de pinturas que reflectisen as festas populares, os costumes e os traxes típicos das distintas rexións españolas e que deron lugar a obras como "O baile", "Festa popular do Moncaio (Aragón)" ou "Costumes españois da provincia de Soria".

Con todo, un cambio do Goberno supuxo para o pintor abandonar o traballo ao ver suspendida a bolsa que tiña concedida para a súa realización.

Traballou como debuxante e ilustrador de importantes publicacións como La Ilustración Española y Americana, El Museo Universal e El Arte en España.

Galería

Véxase tamén

Ligazóns externas Valeriano Domínguez Bécquer - Biografía e galería de obras

Categoría:Pintores de Andalucía Categoría:Nados en Sevilla Categoría:Nados en 1833 Categoría:Finados en 1870