Donón é unha pequena aldea da parroquia do Hío, ao oeste do concello de Cangas de Morrazo, famosa polas súas praias e vistas privilexiadas das illas Cíes e Ons. Segundo o IGE, en 2011 tiña 173 habitantes (83 homes e 90 mulleres).
Etimoloxía Donón é un termo derivado do celta "dunium", que se relaciona co deus Donn "O Escuro", o deus celta da morte e un dos fillos de Míl na saga irlandesa. Consérvase unha casa de Donn na costa irlandesa onde se despedía ao morto na súa derradeira viaxe.
O Santuario do Facho Está coroado polo "Facho", un antigo santuario romano dedicado ao deus lar Berobreo. A escavación no Monte do Facho forma parte dun proxecto de investigación adicado ao estudo da romanización dos santuarios indíxenas no occidente hispánico. A primeira campaña levou ao achado do santuario de Berobreo ata agora descoñecido. Atopáronse máis de 180 aras, moitas delas in situ, e observouse a existencia dos lugares da súa colocación exacta. Algunhas localizacións forman parte dun recinto maior. O santuario dátase entre os séculos III-IV d.C. e construíuse enriba dun castro anteriormente abandonado. O primeiro asentamento parece datar da Idade de Bronce e ter un gran tamaño, o segundo xa pertencente á segunda metade do primeiro milenio é un castro da mediano tamaño. Foi abandonado pola grande influencia romana aínda que seguiu existindo como santuario de peregrinación sobre as ruínas do poboado.
Praias Posúe dúas praias principais, a de Melide e a de Barra, esta última unha das praias nudistas máis coñecidas de Galiza.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares do Hío
Parroquias de Cangas de Morrazo
Notas
Véxase tamén Bibliografía Guía Completa del mundo Celta. Miranda Green. Oberón, 2004. É a versión en castelán do "Dictionary of Celtic Mith and Legend" (Thomas&Hudson, 1992).
Categoría:Lugares de Cangas de Morrazo