A interleucina 11 (IL-11) é unha citocina xerada polas células do estroma da medula ósea. Tamén é coñecida como factor inhibitorio da adipoxénese (AGIF) e a IL-11 recombinante chámase oprelvequina.

Funcións biolóxicas A IL-11 estimula a recuperación das plaquetas en pacientes con recontos plaquetarios baixos (trombocitopenia) por mor da quimioterapia. Así mesmo, a IL-11 ten a propiedade de modular as respostas específicas antíxeno-anticorpo, potenciar a maduración dos megacariocitos, e regular a adipoxénese da medula ósea.

Outros artigos Interleucina

Notas Paul SR, Bennett F, Calvetti JA, Kelleher K, Wood CR, O'Hara RM, Leary AC, Sibley B, Clark SC, Williams DA (1990). Molecular cloning of a cDNA encoding interleukin 11, a stromal cell-derived lymphopoietic and hematopoietic cytokine. Proc. Natl. Acad. Sci. U.S.A. 87 (19): 7512–6. PMID 2145578. McKinley D, Wu Q, Yang-Feng T, Yang YC (1992). Genomic sequence and chromosomal location of human interleukin-11 gene (IL11). Genomics 13 (3): 814–9. PMID 1386338.

Categoría:Inmunoloxía Categoría:Citocinas