Gabrielle Renaudot Flammarion, nada en 1877 e finada o 31 de outubro de 1962, foi unha astrónoma francesa e muller do tamén astrónomo Camille Flammarion.
Traxectoria Traballou no Observatorio de Juvisy-sur-Orge e foi secretaria xeral da Société Astronomique de France. Publicou varios traballos sobre a evolución das características da superficie do planeta Marte, sobre a Gran Mancha Vermella de Xúpiter e tamén sobre observacións que sacou doutros planetas, planetas menores e estrelas variables.
Trala súa morte, en 1973 a Unión Astronómica Internacional aprobou poñerlle o seu apelido a un cráter do planeta Marte, coñecido como Cráter de Renaudot.
Notas
Categoría:Astrónomos de Francia Categoría:Nados en 1877 Categoría:Finados en 1962