Natsagiin Bagabandi (), nado o 22 de abril de 1950 na provincia de Zavkhan, foi o Presidente de Mongolia dende 1997 ata 2005, sucedido por Nambaryn Enkhbayar. Pertence ao Partido Popular Revolucionario Mongol.
Antes de entrar na política estudou na Unión Soviética e na década de 1970 foi enxeñeiro nunha planta de procesamento de vodka en Ulán Bátor. Na década de 1980 ingresou no Partido Revolucionario do Pobo Mongol e en 1992 converteuse voceiro do Gran Hural do Estado durante catro anos. Presentouse e gañou as eleccións presidenciais en 1997 e foi reelixido no 2001.
Véxase tamén
Categoría:Presidentes de Mongolia Categoría:Nados en 1950 Categoría:Nados en Mongolia