Ichinoseki (一関市, いちのせきし, Ichinoseki-shi) é unha cidade e concello da prefectura de Iwate no Xapón. Está situado na rexión de Tōhoku e ó sur da prefectura, ao noroeste da illa de Honshū. A súa superficie é de 1.133,10 km², a poboación é de 120.980 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 107 h/km². Ichinoseki é a terceira cidade máis poboada da prefectura.
O concello de Ichinoseki limita cos concellos de Ōshū, Hiraizumi, Sumita, Rikuzentakata, Fujisawa (que son da prefectura de Iwate); Kurihara, Tome, Motoyoshi, Kesennuma (que son da prefectura de Miyagi); e Higashinaruse (este último é da prefectura de Akita).
Turismo e lugares de interese Geibikei (猊鼻渓). Genbikei (厳美渓).
Galería de imaxes
Cidades irmandadas Miharu-machi, prefectura de Fukushima, Xapón (1987).
Véxase tamén Lista de concellos do Xapón
Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Ichinoseki .
Categoría:Prefectura de Iwate Categoría:Concellos do Xapón