A lingua borgoñoa ou borgoñón é unha lingua romance de Oïl falada en Borgoña, particularmente na rexión de Morvan. A chegada dos borgoñóns levou elementos xermánicos ás falas galo-romance dos habitantes zona e posteriormente a ocupación dos Países Baixos polos duques de Borgoña tamén trouxo influencias neerlandesas. O borgoñón está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Os dialectos do sur ao longo do río Saona foron influenciados pola lingua francoprovenzal. Eugène de Chambure publicou un Glossaire du Morvan en 1878.
Notas
Categoría:Linguas de oïl Categoría:Linguas de Francia