Alfredo Santaelena Aguado, nado en Madrid o 13 de outubro de 1967, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol español. Xogaba de centrocampista e actualmente adestra o San Fernando, da Primeira División RFEF.
Traxectoria Como adestrador Alfredo iniciou a súa carreira como adestrador en 2003 no mesmo club onde comezou como xogador, o Pegaso Tres Cantos. Alí permaneceu durante 3 tempadas, e na campaña 2003–04 estivo a piques de ascender ao equipo a Segunda División B. Porén, e a pesar de que o seu equipo permeneceu invicto na fase final, o dobre valor dos goles fóra de casa provocou que caese eliminado no partido final ante o Marino de Luanco (2–2).
Despois da etapa no Pegaso, foi contratado polo Cobeña en Terceira División e conseguiu o ascenso fronte ao Deportivo da Coruña B, nunha final na que o Cobeña quedou con 9 xogadores durante 25 minutos. A tempada seguinte continuou á fronte do Cobeña en Segunda B, pero non puido evitar o descenso a Terceira tras quedar en décimo oitavo lugar. Na tempada 2007–08 dirixiu ao Ciempozuelos, quedando campións do grupo VII de Terceira División, sen lograr o ascenso ao perder no último partido da eliminatoria.
O 14 de xaneiro de 2009 foi nomeado adestrador do Ibiza-Eivissa. En 2010 adestrou o Marbella.
Palmarés Atlético de Madrid Copa do Rei: 1990–91, 1991–92
Deportivo Copa do Rei: 1994–95 Supercopa de España: 1995
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do adestrador en bdfutbol.com
Categoría:Nados en 1967 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Futbolistas da Comunidade de Madrid Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Getafe CF Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Sevilla FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21 Categoría:Adestradores de fútbol de España Categoría:Adestradores do Atlético de Madrid B