Cosme Eladio Pombo Rodríguez, nado no Incio en 1956, é un político nacionalista galego.
Traxectoria Foi de mestre de primaria no CEIP Frei Luís de Granada de Sarria. Foi concelleiro e portavoz municipal do BNG no Concello do Incio dende 1995 a 2007 e deputado provincial na Deputación de Lugo de 1995 a 2003. Ocupou o cargo de delegado provincial da Consellería de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia en Lugo de marzo de 2008 ata abril de 2009.
É membro do Consello Comarcal do BNG na comarca Lugo-Sul. Vinculado ao mundo asociativo e cultural, é membro fundador da Asociación Cultural A Ouriceira e do grupo Xarín, gaiteiros do Incio.
Foi elixido deputado do Parlamento de Galicia nas autonómicas de 2012.
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no Parlamento de Galicia
Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo BNG Categoría:Nados no Incio Categoría:Nados en 1956 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes