Juliano Roberto Antonello, máis coñecido como Juca, nado en Passo Fundo o 19 de novembro de 1979, é un futbolista brasileiro. Xoga de mediocentro defensivo e o seu equipo actual é o Dubai CSC. Na súa estadía de dous anos no FK Partizan foi alcumado coma O bombardeiro brasileiro do Partizán.

Traxectoria Juca comezou a súa carreira no Internacional de Porto Alegre en 1999, xogando como mediapunta. Sobrino do famoso exjugador e adestrador Paulo César Carpegiani, non tardou en destacar pola precisión e potencia dos seus lanzamentos de falta. Pronto atrasaría a súa posición, pasando a xogar como mediocampista defensivo.

Tras defender as cores do Criciúma e do Marília, en 2004 Juca fichou polo Fluminense, e ao ano seguinte polo Botafogo, club ao que volvería en 2006 tras un breve paso polo Guaraní, e no que se alzaría en 2007 coa Copa de Río.

En 2007 é transferido ao Partizán de Belgrado, onde incrementou o seu palmarés con senllos dobretes, vencendo a Superliga e a Copa nas dúas tempadas nas que militou no equipo balcánico. Nelas confirmou a potencia do seu disparo, anotando 10 goles e gañándose o alcume de "o bombardeiro brasileiro".

En maio de 2009 asinou por dúas tempadas polo Deportivo da Coruña, coa misión de cubrir a baixa do canadense Julián de Guzmán. Debutou na primeira división española de fútbol o 29 de agosto dese mesmo ano no estadio Santiago Bernabéu, fronte ao Real Madrid.

Palmarés Campionatos nacionais TítuloClubAnoLiga Estatual de Rio Grande do Sul1997Taça Rio Botafogo2007Copa de Serbia FK Partizan2008Superliga de Serbia FK Partizan2008Copa de Serbia FK Partizan2009Superliga de Serbia FK Partizan2009

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en sambafoot.com

Categoría:Nados en 1979 Categoría:Nados no estado do Río Grande do Sur Categoría:Futbolistas do Brasil Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Botafogo Categoría:Xogadores do Ceará SC Categoría:Xogadores do Criciúma Esporte Clube Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Dubai CSC Categoría:Xogadores do Esporte Clube Novo Hamburgo Categoría:Xogadores do FK Partizan Categoría:Xogadores do Fluminense FC Categoría:Xogadores do Guarani FC Categoría:Xogadores do Marília Atlético Clube Categoría:Xogadores do Sport Club Internacional