Jaycee Don Carroll, nado en Laramie, Wyoming, o 16 de abril de 1983, é un xogador de baloncesto estadounidense, que ocupa a posición de escolta. Dende o ano 2011 xoga no Real Madrid da Liga ACB.
Traxectoria Despois de xogar na Universidade Estatal de Utah, non foi elixido no draft da NBA, de xeito que viaxou a Europa e asinou un contrato co Teramo Basket italiano, equipo no que botou un ano. Ó ano seguinte asinou co CB Gran Canaria da liga ACB. Durante os dous anos que defendeu as cores do equipo canario, foi o máximo anotador da liga, polo cal foi incluído no quinteto ideal da ACB en 2011, na posición de escolta.
No verán dese mesmo ano asinou un novo contrato co Real Madrid, o seu actual equipo.
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do xogador en Lega Basket Serie A Ficha do xogador en Liga ACB
Categoría:Nados en 1983 Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores do Teramo Basket Categoría:Xogadores do CB Gran Canaria Categoría:Xogadores do Real Madrid Baloncesto Categoría:Nados en Wyoming