miniatura|Diapasón metálico. O aceiro inoxidábel é o material máis habitual. O diapasón é un aparello de música que da a altura (frecuencia) dunha nota-referencia (en xeral, o la) convencional para afinar o instrumento.

Pequeno e fácil de usar, está constituído por dúas láminas paralelas que vibran e emiten un son á frecuencia de referencia. O son amplifícase se se pon a base do diapasón sobre unha cavidade resoante, como a caixa dunha guitarra ou nunha mesa.

Etimoloxía O termo deriva do latín diapāson , rexistrado por primeira vez no tratado de Vitrubio, e provén á súa vez do grego διά + πασῶν ("a través de todas"), e χορδῶν –implícito–: "cordas", é dicir que se refere ao rexistro de todas as notas da voz e de instrumentos musicais.

Polo tanto, literalmente significa "a través de todas [as notas]", para describir a escala diatónica, que comprende sete notas máis a repetición da primeira, comunmente chamada "oitava".Dizionario Garzanti della lingua italiana (1980). Aldo Garzanti Editore s. p. a. Milán. (en italiano)

Historia

Orixe histórica do concepto Na Grecia antiga, o concepto asociábase coa harmonía das esferas de Pitágoras, que conectaba a música cos movementos dos corpos celestiais coñecidos na Antigüidade, incluída a Terra, formando unha escala musical que para eles era o diapasón (διάπασῶν). Vitruvio e Plinio o Vello empregaban o termo en relación coa construción de teatros e a acústica necesaria para unha clara audición das voces e a música. No século IV, o filósofo Calcidius menciona o termo ao comentar o Timeo de Platón, refírese a este como unha escala musical universal que resonaba con harmonía celestial.

Historia moderna do obxecto miniatura|Animación dun diapasón La-440 vibrando na súa frecuencia principal (grandemente exaxerado para mostar o efecto), onde as cores representan a amplitude de vibración: áreas de cores máis cálidas mostran maior actividade e áreas máis frías, menor actividade. Trinta anos despois de que Günther Christoph Schelhammer usase un garfo para diagnosticar a xordeira a finais do século XVII, o diapasón adquiriu a súa forma actual grazas ao trompetista inglés John Shore. A visión do diapasón como un instrumento para alcanzar a pureza e a harmonía tíñase estendido por Europa, até que, no s. XVIII, Shore redeseñou o diapasón para uso práctico na afinación de instrumentos.

En Londres, un dos centros da música barroca, Shore, após un accidente que o forzou a abandonar a trompeta, inventou o diapasón en 1711 para afinar o laúde. Rapidamente, o diapasón substituíu os tubos de madeira, pouco fiables polos cambios de temperatura e humidade, e estendeuse por toda Europa debido á súa capacidade de manter un ton constante.

A Conferencia Internacional de Londres de 1953 fixou a altura absoluta do la3 en 440Hz. Porén, un diapasón de referencia fora xa establecido en 1939 pola British Standards Institution e a Federación internacional de asociacións nacionais de estandarización (unha precursora da Organización Internacional para a Estandarización ou ISO) con 440Hz para o la3 a unha temperatura de 20º. Precisamente, a Royal Philharmonic Orchestra de Londres utilizaba para afinar unha frecuencia de 439 Hz. O estándar foi rapidamente adoptado pola BBC.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Acústica Afinación Historia da música Solfexo Son Xerra acústica

Ligazóns externas

A Brief History of the Establishment of International Standard Pitch A=440 Hertz (wam.hr; en inglés)

Categoría:Teoría musical Categoría:Instrumentos de medida