Non confundir con Henrique Alvarellos, o seu fillo Enrique Antonio Iglesias Alvarellos, coñecido como Enrique Alvarellos, nado na Coruña o 30 de abril de 1931 e finado en Lugo o 2 de xuño de 2004, foi un músico, escritor e editor galego.
Traxectoria Estudou no Seminario de Lugo Humanidades e Música. Ligado ao mundo da música fundou en 1961 o coro Entre Silveiras e en 1981 o orfeón Xoán Montes e compuxo arredor de 50 pezas musicais. En 1963 organizou a Academia Alvarellos para o ensino da mecanografía seguindo un método propio. En xuño de 1977 fundou a Editorial Alvarellos.
Obra en galego Narrativa Botei 40 anos, 1977, Alvarellos.
Poesía Cen anacos, 1977.
Ensaio Agrupacións corais de Galicia, 1992. Mulleres destacadas de Galicia, con 1.225 entradas, 1993, Alvarellos, ISBN 84-85311-96-5.
Humor Cen caras de españois, 1983.
Obra en castelán Ensaio Bandas de Música de Galicia, 1986. 70 años en clave de fa, 2001. Vida persoal
Casou en Lugo con Concepción Casas Dávila o 26 de xuño de 1961 e foi pai de Cecilia e Henrique Alvarellos. Véxase tamén Bibliografía
"Alvarellos Iglesias, Enrique" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Enciclopedia Galega Universal Ir Indo
Outros artigos
Henrique Alvarellos Casas (fillo)
Ligazóns externas
Descrición de Enrique Alvarellos na editorial Alvarellos
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Compositores de Galicia Categoría:Directores de coro Categoría:Editores de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1931 Categoría:Finados en 2004 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes