Mariehamn en sueco, Maarianhamina en finés, é a capital da Provincia das Illas de Åland (Finlandia), que conta cunha poboación de 11.775 habitantes en 2019, dos cales o 91% son de lingua sueca. A cidade foi fundada en 1861 e debe o seu nome ("porto de María") a María Alexandrovna, esposa do tsar Alexandre II de Rusia. A cidade é famosa, sobre todo, como destino de turismo estival, anualmente uns 1,5 millóns de persoas visitan a cidade.

Historia thumb | left | Södragatan, unha das rúas máis antigas de Mariehamn. A cidade tomou o nome de tsarina rusa María Alexandrovna. Mariehamn fundouse en 1861, ao redor da aldea de Övernäs, a que no seu momento formaba parte do municipio de Jomala. A cidade expandiuse e incorporou máis do territorio de Jomala. Mariehamn construíuse segundo un esquema moi regular que está ben conservado. Unha das rúas máis antigas é Södragatan onde se poden ver moitas casas de madeira do século XIX. Despois da primeira guerra mundial Mariehamn foi a sede da frota de granos Mariehamn.

Lugares de interese miniatura|240px|Edificio do Parlamento en Mariehamn (1991) Museo do veleiro Pommern Museo de Åland Parlamento de Åland (Lagtinget) Castelo de Kastelholm

Véxase tamén

Outros artigos Lista de municipios de Finlandia nos que o finés non é a única lingua oficial

Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Cidades de Åland