Quatre Carreres é o nome que recibe o distrito número 10 da cidade de Valencia. Limita con Pla del Real, L'Eixample e Camins al Grau polo norte, con Poblats Marítims ao leste e l'Olivereta, con Jesús ao oeste e cos Pobles del Sud ao sur.

Este territorio anexionouse á cidade en 1877 canda Ruzafa, municipio o que pertencía. O topónimo Quatre Carreres provén das catro vías principais que se dirixían desde Ruzafa. A poboación censada no 2009 era de 75.850 habitantes segundo o concello de Valencia.

Poboación Quatre Carreres tiña 74.556 habitantes en 2007, distribuídos entre sete barrios:

Montolivet (19.969) En Corts (12.229) Malilla (22.762) la Font de Sant Lluís (3.086) Na Rovella (8.825) la Punta (2.123) Ciutat de les Arts i les Ciències (5.562)

Lugares de interese Neste distrito atópase un dos monumentos máis coñecidos de Valencia, a Cidade das Artes e as Ciencias de Valencia.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Plano oficial dos distritos e barrios da cidade de Valencia

Categoría:Distritos de Valencia