O matrimonio homosexual tornouse legal en Suráfrica o 30 de novembro de 2006, sendo o quinto estado en facelo, e o primeiro en África.

Historia e características En xullo de 2002, a Corte Superior de Suráfrica indicou que era discriminatorio e inconstitucional que a lei surafricana non permita o matrimonio entre persoas do mesmo sexo.

En decembro de 2005, o Tribunal Constitucional surafricano deu un prazo de doce meses ao parlamento para adaptar a súa lexislación de xeito que as parellas homosexuais puideran acceder á Lei Nacional sobre Matrimonio.

Na sentenza de 2005, o xuíz Albie Sachs ditaminou, que a reformada Lei Nacional de Matrimonio debe tamén incluír as palabras "ou cónxuxe" tralas palabras esposa ou marido. Se tras o prazo de doce meses dado polo tribunal ao parlamento non se cambiase o texto da lei, os tribunais aplicarían esas palabras automaticamente.

A resolución xudicial que declarou que a Le Nacional sobre Matrimonio era inconstitucional foi consensuada pola totalidade dos membros do tribunal, xa que a Constitución surafricana prohibe expresamente a discriminación por razón da orientación sexual. Se ben unha minoría do tribunal quería o cambio inmediato e automático da lei, a maioría votou darlle ao parlamento un ano de prazo.

O tribunal permite tamén aos funcionarios a obxección de conciencia con respecto á aplicación da Lei Nacional sobre Matrimonio.

Véxase tamén Outros artigos Matrimonio entre persoas do mesmo sexo Matrimonio entre persoas do mesmo sexo en Bélxica Matrimonio entre persoas do mesmo sexo en España

Categoría:Dereito en Suráfrica Categoría:Matrimonio homosexual