La Jonquera é un municipio do norte de Cataluña, pertencente á comarca do Alt Empordà, na provincia de Xirona. O concello é fronteirizo con Francia.

Xeografía Superficie: 57,31 km² Altura media: 110 msnm Altitude: 42º 25" 11' N Latitude: 2º 52" 31' E

O municipio está situado a 57 km ao norte da capital provincial, na comarca do Alt Empordà; no límite entre España e Francia, xunto á comarca francesa do Vallespir. Accidentado pola serra da Albera. Predominan as sobreiras.

Historia Desde o século XIII e ata o fin do réxime señorial, a mediados do século XIX, foi posesión dos Rocabertí. O Tratado dos Pireneos (1659) situou a nova fronteira entre lles monarquías hispánica e francesa na serra do Albera, feito que marcou a historia posterior de La Jonquera.

Escudo O escudo de La Jonquera é un escudo acantonado, de prata, un feixe de engras de sinople cun atado de ouro. O escudo esta coroado por unha coroa mural de vila. Os xuncos son un elemento parlante tradicional, relativo ao nome da vila.

O escudo foi aprobado o 17 de decembro do 1990.

Demografía La Jonquera ten un total de 3.020 habitantes, dos cales 1.564 son homes e 1.456 mulleres segundo datos do INE 2006. En 2005 habían 3.016 habitantes dos cales 1.556 eran homes e 1.460 mulleres segundo datos do INE.

Núcleos de poboación La Jonquera está formado por cinco núcleos ou entidades de poboación: Canadal (9 hab.) la Jonquera (2.888 hab.) els Límits (115 hab.) Requesens (0 hab.) Sant Julià (4 hab.)

Economía A agricultura de secaño e a manipulación do cortiza foron as actividades económicas máis importantes. Hoxe en día, a base da economía municipal é a actividade derivada da aduana do Portús. É un importante centro de servizos ao transporte, gran cantidade de actividade comercial pola súa proximidade a Francia.

Comunicacións A estrada N-II e a autoestrada AP-7, saída de acceso número 2, comunican o municipio co resto da comarca e a provincia.

Lugares de interese Igrexa de Santa María, do século XVIII. Na portela de Panissars atópanse os restos dun priorado beneditino medieval (Santa Maria de Panissars) e a base dunha gran edificación romana, identificada coa Mansio Summum Pyrenaeum (no punto de encontro entre a Vía Domitia e a Vía Augusta) e os Trofeos que Pompeio erixiu tras vencer a Sertorio. O pobo de Requesens, accesible por Cantallops, conta co santuario da Mare de Déu de Requesens e o castelo de Requesens, reconstruído a finais do século XIX. Ruínas do antigo castelo de Rocabertí. O castelo de Canadal. O palacio de Ca l'Armet, mal conservado. La Porta Catalana (obra de Josep Lluís Sert), na fronteira. Museo do exilio, aberto en xaneiro de 2008, obra de Rafael Cáceres. Numerosos monumentos megalíticos (dolmen e menhir).

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web do concello

Jonquera