José Montilla Aguilera, nado en Iznájar, provincia de Córdoba, o 15 de xaneiro de 1955, é un político catalán de orixe andaluza.

Traxectoria Foi primeiro secretario do Partit dels Socialistes de Catalunya dende o 18 de xuño de 2000 ata o 17 de decembro de 2011, e membro da Comisión Executiva Federal e do Comité Federal do Partido Socialista Obrero Español dende o 23 de xullo de 2000. Dende o 18 de abril de 2004 até o 9 de setembro de 2006 foi ministro de Industria, Turismo e Comercio do Goberno de España presidido por José Luis Rodríguez Zapatero, substituíndoo no cargo Joan Clos, daquela alcalde de Barcelona. Foi presidente da Generalitat de Cataluña dende 2006 até 2010. Até 2019 foi senador autonómico por proposta do Parlamento de Cataluña.

Vida persoal José Montilla está casado con Anna Hernández e ten cinco fillos.

Figura política e pensamento José Montilla definiuse a si mesmo como «catalán, catalanista, español e europeísta».«Montilla sigue rechazando su perfil nacionalista y vaticina que vencerá», El Mundo (24 de outubro de 2010). Porén, dende diversos sectores políticos e sociais tradicionalmente foi criticado polas súas formulacións nacionalistas catalás,«Rivera acusa a Montilla de ser 'más nacionalista que Pujol y Maragall'», El Periódico de Cataluña (21 de novembro de 2017).«José Montilla se ha transmutado en un nacionalista rabioso», El Mundo (26 de maio de 2009).Boadella: "Montilla ha inventado una nueva etnia, la del Charnego", Libertad Digital (18 de xullo de 2006). pero Montilla sempre rexeitou ter un perfil nacionalista.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina persoal

Categoría:Presidentes da Generalitat de Cataluña Categoría:Políticos do PSC Categoría:Nados en Iznájar Categoría:Nados en 1955 Categoría:Senadores por designación do Parlamento de Cataluña Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (VIII Lexislatura)