Yamanashi (山梨市, やまなしし, Yamanashi-shi) é un concello da prefectura de Yamanashi no Xapón. Está situado ó sueste da rexión de Chūbu e ó nordés da prefectura, no centro da illa de Honshū. A súa superficie é de 289.87 km², a poboación é de 37.676 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 130 h/km².
O concello de Yamanashi limita cos concellos de Kōfu, Fuefuki, Kōshū (que son da prefectura de Yamanashi); Kawakami (que é da prefectura de Nagano); e Chichibu (este último é da prefectura de Saitama).
Historia No ano 1954 a cidade de Yamanashi foi fundada pola fusión de 7 concellos do distrito de Higashiyamanashi. No ano 2005 o antigo concello de Yamanashi e 2 concellos do distrito de Higashiyamanashi (Makioka e Mitomi) uníronse.
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Yamanashi .
Categoría:Prefectura de Yamanashi Categoría:Rexión de Kōshin'etsu Categoría:Concellos do Xapón