La Noche. Suplemento del sábado foi un suplemento semanal do xornal compostelán La Noche, editado entre 1949 e 1950. Redactouse e confeccionouse en Vigo. Tiña natureza cultural e estaba centrado en temas e autores galegos:

Características A mediados de 1949, o director do periódico, o vasco José Goñi Aizpúrua pediu ós galeguistas, a través de Francisco Fernández del Riego e Xaime Isla Couto, que se responsabilizaran da publicación dun suplemento semanal sobre Galicia. O primeiro encargouse da dirección cultural e o segundo dos aspectos económicos. A lingua utilizada tiña que se-lo castelán pero Aizpurúa non poría inconvenientes a utiliza-lo galego nalgunhas colaboracións:

O suplemento tivo unha vida efémera e só publicou 15 números, desde o 15 de outubro de 1949 ata o 28 de xaneiro de 1950, pero representou unha plataforma para os galeguistas de maior sona nese momento, como Ramón Otero Pedrayo, Florentino López Cuevillas, Vicente Risco, Álvaro Cunqueiro ou Luís Seoane. Neste suplemento apareceu o primeiro artigo publicado por Ramón Piñeiro: "A poesía de Luís Pimentel", o 12 de novembro, asinado baixo o pseudónimo de Luis Veiga do Campo.

Na maioría dos estudos dedicados a este suplemento literario sinálase a súa interrupción foi favorecida polo número dedicado á morte de Castelao por non respectar as instrucións relativas co homenaxe dedicado a Castelao na prensa enviadas pola Oficina Xeral de Prensa do goberno franquista aos directores de todos os xornais galegos. De feito, no número 13, correspondente ó 14 de xaneiro de 1950, publicáronse artigos en homenaxe a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, quen morrera unha semana antes. Valentín Paz-Andrade publicou "Castelao. El hombre y el artista" (a catro columnas e en portada); Francisco del Riego, baixo a sinatura "L.", que corresponde ó seu pseudónimo Salvador de Lorenzana, publicou un breve titulado "Morreu o grande artista" na sección "Descubrimentos de Galicia", que completouse cunha "Antoloxía" do humorista e caricaturista. Non obstante, non era só o número dedicado á morte de Castelao que se puxo en dúbida:

Atribúeselle ó suplemento La Noche se-lo precedente da Editorial Galaxia.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Cebrian Alcalde, Nathalie (1998). La Noche: Suplemento del sábado : un exemple de l'action culturelle galleguista menée sous le franquisme en Galice, Université de Bourgogne / USC.

Outros artigos Borobó Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra

Ligazóns externas La Noche. Suplemento del sábado. Ed. facsímile do Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro, Santiago de Compostela 1996.

Categoría:Prensa escrita de Vigo Categoría:1949 en Galicia