Víctor José Víctor Rojas, coñecido artisticamente como Víctor Víctor, nado en Santiago de los Caballeros, República Dominicana, o 11 de decembro de 1948 e finado en Santo Domingo de Guzmán o 16 de xullo de 2020, foi un cantautor caribeño de bachata. É compositor dunha gran cantidade de cancións, incluíndo letra e música, que teñen sido interpretadas por artistas como Django, Milly Quezada, Celia Cruz ou Azúcar Moreno.

En 2005, presentou Bachata entre Amigos, unha coproduccón co guitarrista Juan Francisco Ordóñez. Neste disco, cantautores como Joaquín Sabina, Joan Manuel Serrat, Luis Días, Silvio Rodríguez, Pablo Milanés, Fito Páez e Víctor Manuel, entre outros, interpretaron con Víctor as súas cancións a dúo e a ritmo de bachata."Bachata entre Amigos", artigo en www.answers.com (acceso 5 de xuño de 2008)

Discografía Album Rojo (1973) Chile Vive (1974) Neruda Raíz y Geografía (1974) Cotidiano (1975) Víctor Víctor & Flamboyan, Con sus Flores y sus Vainas (1976) En son de Felicidad (1977) Artistas Por la Paz (1978) Inspiraciones (1990) Tu Corazon (1991) Un Chin de Veneno (1992) Cajita de Musica (1996) Recuento I (1998) Bachata entre Amigos (2005) Verde y Negro (2008) Rojo y Rosa (2009)

Notas

Categoría:Músicos da República Dominicana Categoría:Nados en 1948 Categoría:Finados en 2020 Categoría:Finados pola COVID-19 na República Dominicana Categoría:Nados na República Dominicana