Gegenschein (nome procedente do idioma alemán) é unha feble luminosidade do ceo nocturno na rexión da eclíptica visible na dirección oposta ó Sol. Foi descuberto polo astrónomo danés Theodor Brorsen no 1854.

Observación

O gegenschein é tan feble que non se pode ver se hai algo de luz de Lúa ou algo de polución lumínica, ou se aparece na veciñanza da Vía Láctea. O gegenschein aparece coma unha rexión oval suavemente resplandecente duns poucos graos de ancho e 10-15° de lonxitude, orientado ó longo do plano da eclíptica.

Explicación

Coma a luz zodiacal, o gegenschein é a luz do sol refractada polo po interplanetario. En particular, polo po que se atopa nos Puntos de Lagrange L4 e L5 do sistema Terra-Lúa. Coma a meirande parte do po interplanetario, parece estar xirando ó redor do Sol no plano eclíptico (zodíaco). A luz zodiacal vese na dirección do sol, ó solpor, mentres o gegenschein vese na dirección contraria. A intensidade do gegenschein é relativamente mellor cando: Cada partícula de po vese na fase lunar de lúa chea; e A dispersión xeométrica leva a unha interferencia construtiva.

Historia O gegenschein foi descrito por primeira vez polo astrónomo e profesor xesuíta francés Esprit Pézenas (1692–1776) no 1730. Observacións posteriores feitas polo explorador alemán Alexander von Humboldt durante á súa viaxe por Suramérica entre os anos 1799 a 1803. Foi tamén Humboldt quen lle deu a este fenómeno o seu actual nome.

O astrónomo danés Theodor Brorsen publicou as primeiras investigación sobre o gegenschein no 1854. Tamén foi o primeiro en observar a luz zodiacal abranguía por completo o ceo, por que baixo condicións de observación case perfectas podíase ver unha feble ponte luminosa entre a luz zodiacal e o gegenschein. Ademais, Brorsen propuxo a correcta explicación do gegenschein (a refracción da luz no po interplanetario).

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Luz zodiacal. Heiligenschein. Resplandor silvano. Arco da vella. Punto antisolar. Círculo subparhélico.

Ligazóns externas

Astrophotographs of the gegenschein "Zodiacal Light and the Gegenschein", an essay by J. E. Littleton Astronomy Picture of the Day, 7 de maio de 2008 Fotografía Astronómica do Día, 14 de xaneiro de 2014, gegenschein sobre Chile.

Categoría:Sistema solar