O Mosteiro é a capital do concello de Meis. Atópase na parroquia de San Vicenzo de Nogueira, pero a poboación continúa na parroquia de San Tomé de Nogueira, estendéndose pola estrada PO-300. Ademais, outros lugares están adheridos ao Mosteiro debido á súa expansión urbana. En todo caso, a efectos administrativos, O Mosteiro -e con el a capitalidade do concello- pertence á parroquia de San Vicenzo de Nogueira, como mínimo desde 1900.
Demografía Segundo o Instituto Galego de Estatística, a parte correspondente a San Vicenzo tiña en 2025 215 habitantes (100 mulleres e 115 homes), o que supón un aumento con respecto a 2016, cando tiña 190 habitantes.
A parte pertencente a San Tomé de Nogueira ten unha poboación maior: 325 habitantes en 2025 (171 mulleres e 154 homes), o que supón un forte aumento con respecto a 2016, cando tiña 265 habitantes.
Por último, malia non constar así no Nomenclátor de Galicia, o Instituto Galego de Estatística tamén inclúe unha pequena parte deste lugar na parroquia de San Lourenzo de Nogueira, que tiña 26 habitantes en 2025 (14 mulleres e 12 homes), un leve aumento respecto a 2016, cando eran 24 veciños.
Isto fai que o lugar teña, en total, segundo o censo de 2025, 566 habitantes (285 mulleres e 281 homes), un considerable aumento respecto a 2016, cando sumaban 479 veciños.
Lugares e parroquias miniatura|dereita|Placa no centro do Mosteiro que marca o linde entre as parroquias de San Vicente de Nogueira e San Tomé de Nogueira Lugares de San Vicente de Nogueira
Lugares de San Tomé de Nogueira
Parroquias de Meis
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Meis
Categoría:Lugares de Meis Categoría:Lugares divididos entre dúas parroquias